CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Pontón cuestiona o papel das forzas rupturistas en relación con Galicia

13/10/2019 - 08:18 h

Ana Pontón asegura que o BNG é a unica forza de carácter galego que se presenta ás eleccións xerais do 10 de novembro. Nunha entrevista no Galicia por Diante da Radio Galega a voceira nacionalista lamentou o papel da confluencia galega de Podemos na pasada lexislatura, na que, dixo, pactaron co PSOE os peores orzamentos en 20 anos para Galicia. En referencia a Más País, o proxecto de Íñigo Errejón que presenta candidaturas na Coruña e Pontevedra, dixo que "Galiza precisa menos Madrid e máis Galiza".
Durante a entrevista Pontón criticou a actitude de bloqueo do goberno central en relación coa transferencia a Galicia dos 700 millóns de euros que lle reclama a Xunta. Dixo que o goberno galego debe imitar a Cataluña e reclamar estes cartos por vía xudicial.
A voceira do BNG afirmou tamén que é necesario que o goberno central, a Xunta, Endesa e os axentes sociais conformen unha mesa na que se deseñen medidas que permitan garantir o futuro das Pontes e de tódalas comarcas que dependen da actividade da central térmica. Anunciou que unha das prioridades do BNG será crear un plan de choque para o sector enerxético galego.