CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alonso Caxade: "Como sociedade estamos marcando unha pauta moi responsable e a mostra é como vén o alumnado concienciado da casa"

13/09/2020 - 10:24 h

O director do colexio de Barouta en Ames, Alonso Caxade, considera que "como sociedade estamos marcando unha pauta moi boa e moi responsable e a mostra é como vén o alumnado da casa concienciado completamente".

Nunha entrevista no Galicia por Diante da Fin de Semana, Caxade apunta que os nenos entraron "moi tranquilos" ó comezo deste curso marcado pola pandemia. Neste senso, sinala que nestes primeiros días funcionou todo "moi ben" porque os cativos viñan preparados e foron responsables.