Galicia por Diante Fin de Semana
Fernando Franjo: "O subsolo do café Tortoni de Bos Aires foi un foro por onde pasaron moitos intelectuais de todo o mundo"
O novo colaborador do Galicia por Diante Fernando Franjo inicia a súa sección "A volta ó mundo en oitenta cafés". Na súa primeira aventura, Franjo fálanos sobre o café Tortoni de Bos Aires, que abriu as súas portas a metade do século XIX converténdose, xa que logo, no café bonaerense máis antigo aberto na actualidade.
Xa neses intres, Franjo conta que o café comeza a ser "un símbolo de identidade da cidade". De feito, desde 1901 é un lugar de interese cultural da cidade arxentina.
Entre as anécdotas e curiosidades, Franjo relata como unha gran cantidade de intelectuais de España (Lorca, Jacinto Benavente...) e Latinoamérica (Borges, Storni...) pasaron polo café Tortoni, que se converteu nun foro.