CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alfonso Rueda sobre os orzamentos da Xunta: "Faranse en consonancia coa situación económica e esta indica unha baixada de ingresos e, polo tanto, unha baixa de recursos públicos"

13/09/2020 - 08:19 h

O vicepresidente primeiro da Xunta asegura na Radio Galega que, de cara aos Orzamentos da Xunta para 2021, "estamos facendo as nosas previsións e para iso era moi bo ter os macrodatos que nos poida subministrar o Estado". A continuación engadiu que "é certo que as perspectivas non son nada propicias e que o impacto (da Covid) vai ser moi importante e que os Orzamentos que faga a Xunta de Galicia van estar condicionados por ese mal escenario económico no que estamos xa e por tanto tamén os orzamentos estarán especialmente dirixidos a aqueles sectores que están especialmente mal e aos sectores que teñen que funcionar de motor".