CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O xogador de baloncesto Carlos Martínez preséntanos o proxecto EcoBallution

13/06/2021 - 10:27 h

Carlos Martínez, xogador de baloncesto, impulsa o proxecto EcoBallution en colaboración coa asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme para reciclar redes e elaborar canastras de baloncesto e outros artículos deportivos de calidade.

"Xa recollemos máis de 700 kg de rede no lixo e xa se colocaron en países como Lituania, Letonia ou Italia. Ao final, alí falan de Galicia, falan de Corme e das redeiras".

Carlos Martínez practica na actualidade unha modalidade de baloncesto chamada 3x3 fundamentada na maneira de xogar na rúa: "Son partidos de 10 minutos ou a 21 puntos, en media pista e non se para, así que a intensidade é xigante. Para os xogadores é moito máis intenso que o baloncesto tradicional."

"A xente nova non aguanta 3 horas diante da televisión, a vida vai máis rápido e precisamos acción. Así é o 3x3."