CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Vicente del Bosque: "Con dezaseis anos, o Madrid levábanos a Cedeira. Foi unha experiencia inesquecible”

12/06/2021 - 11:04 h

O exselecionador nacional de fútbol Vicente Del Bosque, falou no 'Galicia por diante fin de semana' da visita que fará a Galicia o vindeiro luns para apoiar a presentación de “Xuntos. Saborea Galicia” que impulsa fóra da comunidade o coñecemento do repertorio gastronómico e turístico galego. Asegurou que Galicia ten unha gastronomía moi ampla e moi rica.

O tamén exadestrador do Real Madrid reflexionou sobre a polémica da vacinación da  selección española de fútbol con vistas ao debút na Eurocopa 2020 fronte a Suecia:

"Foi unha etapa de moitas incertezas. Entra dentro do normal o non ter tomado unha decisión máis correcta. É dificil atinar e satisfacer todo o mundo en todas as decisións que se toman”.

Respecto á ausencia de Iago Aspas na convocatoria da selección española na Eurocopa 2020, subliñou: "Creo que Luis Enrique non o fixo coa intención de facer dano a ningúen, e todas as listas que se fan, é para buscar o mellor para a selección española”
 
“No Mundial de Suráfrica, tamén tivemos mometos de desazo, despois de perder contra Suíza, pero que como equipo logramos superar”

No ámbito máis persoal recoñeceuse privilexiado por ter unha carreira e unha profesión coa que sempre soñou : "En Salamanca, onde nacín, os nenos coma min, viviamos cunha certa austeridade, pero eramos felices”.

Sobre a pandemia, Vicente del Bosque dixo vivila con bastante preocupación, sendo unha experiencia negativa por toda a xente que quedou no camiño.