CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Jorge Mira lémbranos unha viaxe pola Arxentina e Chile no ano 1994

12/06/2021 - 10:27 h

O catedrático de Física Jorge Mira lembrou con Isabel Freire unha viaxe pola Arxentina e Chile no ano 1994.

"Estiven no Centro Atómico Bariloche-Instituto Balseiro nos Andes, case na fronteira con Chile. Un centro co encanto das películas, habitado só por científicos que viven alí, illado e vixiado polo exército."

"E como pasei tantos meses, aproveitei para coñecer todas as esquinas posibles, e iso é moito. Se poñemos o mapa de Chile enriba de Europa, a parte de abaixo de Chile estaría enriba de Marrocos e a de arriba en Finlandia."

"Cando chego a un mar extremo o primeiro que fago é ir á ribeira e meter o dedo, así o fixen en Puerto Montt, para dicir que metín a man no Pacífico."

"Na zona desértica do Mahuaca, en Jujuy, vin cactos enormes, coma eses das películas do oeste, alucinei, algún medía sete metros de alto."