CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Manel Pazo: "Calculamos que coa proposta de reforma do Goberno haberá unha perda da retribución do 20%"

12/06/2021 - 08:50 h

Un 15% dos parques eólicos na actualidade verán recortada a súa retribución nun 20% coa nova reforma proposta polo Goberno. É o cálculo do impacto que fan dende o sector. Manel Pazo, presidente da Asociación Eólica de Galicia.

Dende o sector aseguran que toda esta política supón unha contradición e indica que xa presentaron alegacións. O presidente da Asociación Eólica de Galicia critica que, en realidade, o que se está penalizando é o obxectivo da Unión Europea de fomentar enerxías renovables e enerxías verdes.

Manel Pazo sitúa o futuro da man da eólica mariña. Sinala que o obxectivo da Unión Europea é que o 50 por cento da enerxía eléctrica sexa de orixe mariña. Indica que, neste terreo, Galicia ten un gran potencial.