CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A misión imposible de alugar piso como estudante

11/09/2022 - 10:25 h

As ringleiras de estudantes ás portas das inmobiliarias na procura dun piso de alugueiro van quedando atrás co comezo do curso.

Non é unha tarefa sinxela, nun escenario en que unha demanda superior á oferta provoca tanto unha suba de prezos como a existencia de pisos en condicións claramente mellorables.

Desde o Galicia por diante fin de semana quixémonos poñer na pel dun axente inmobiliario para saber como xestionan este aluvión de estudantes e tamén non estudantes procurando piso, como é o seu día a día, como seleccionan o inquilino perfecto…