CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ángeles Vázquez: "Celebramos que algún membro do Goberno central admita o problema e, polo tanto, a súa responsabilidade, algo que non fixo o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil".

11/09/2021 - 08:33 h

A conselleira de Medio Ambiente avanza na Radio Galega que a ministra para a Transición Ecolóxica lle trasladou onte por carta a súa preocupación polo baleirado de catro encoros galegos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. 

Nunha entrevista, Ángeles Vázquez contrapón a actitude da ministra coa connivencia que na súa opinión tivo o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, coas hidroeléctricas.