CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Emilio del Río, dermatólogo "Xa detectamos casos de déficit de vitamina D na pel polo confinamento"

11/04/2020 - 17:25 h

Emilio del Río, dermatólogo pasou polo Galicia por Diante Fin de Semana para contar o efecto que está tendo esta crise do Covid-19 na área sanitaria que el domina "Estamos a notar xa casos de carencia de vitamina D na pel dalgunhas persoas, motivada polo illamento que estamos a vivir. As persoas poden aproveitar ese ratiño que saímos ás fiestras. Se teñen terraza, moito mellor, con quince minutos é suficiente para recibir luz solar que sexa beneficiosa"

 

O doutor Del Río falou sobre a importancia desta vitamina para o corpo humano "Hai que ter en conta que a vitamina D é moi boa para previsr doenzas como o cancro ou outras enfermidades. O certo é que hai alternativas, pero a claridade e o sol son a mellor solución, e natural"