CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Eduardo Abad: "É unha tomadura de pelo que os galegos lle teñamos que pagar a Audasa a ampliación da AP-9"

11/01/2020 - 08:19 h

A Plataforma de Autónomos contra o Encarecemento da Autoestrada AP-9 ameaza con mobilizacións a partir de marzo se non se cumpre o acordo entre PSOE e BNG para rebaixar o custo da peaxe.

O voceiro da plataforma, Eduardo Abad, dixo na Radio Galega que é unha tomadura de pelo que os galegos teñan que sufragarlle a Audasa a ampliación da vía en Rande e Compostela. Por iso, advirten de que serán contundentes, mesmo paralizando o tráfico na autoestrada, se non se bonifica o custo para os que teñen que empregala para a súa actividade económica.

Eduardo Abad admite que a medida lle provocaría moitos prexuízos aos cidadáns, pero sostén que a mobilización é a única ferramenta que teñen ao seu alcance para conseguir frear a escalada de prezos, que consideran "inxusta e inxustificada".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí