CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

No Día Mundial da Prevención do Suicidio conversamos co psiquiatra Luis Ferrer i Balsebre: "Na soidade e o illamento está a poboación de maior risco"

10/09/2022 - 09:34 h

As cifras de suicidios entre as persoas novas  son  alarmantes. Trátase da segunda causa de morte non natural entre adolescentes.

O psiquiatra e xefe do servizo de saúde mental do CHUAC, Luis Ferrer i Balsebre, explica na entrevista do Galicia por diante fin de semana que "entre os familiares, o sentimento de culpa é inevitable porque chegan a preguntarse se poderían facer algo máis para evitalo".