CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Nigrán goza do cine montando en bicicleta

10/09/2022 - 11:25 h

Nigrán pecha este sábado a primeira edición do Festival Cinema a Pedal, unha iniciativa que integra o gusto polo cine, polo deporte e polo medio ambiente.

Trátase dun ciclo con catro proxeccións cinematográficas arredor do mundo da bicicleta, en que a novidade vén dada pola forma de visionar as longametraxes. En fronte a unha pantalla situada ao aire libre, no monte Lourido, instaláronse un total de quince bicicletas en que os asistentes teñen que pedalear para xerar a enerxía que permita levar a cabo as proxeccións.