CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Empeza a temporada de cogomelos en Galicia. De outubro a xaneiro, miles de persoas tentan encher as súas cestas dos mellores exemplares deste manxar

09/10/2021 - 11:34 h

Empeza a temporada de cogomelos en Galicia. Desde outubro ata xaneiro, -aínda que os cogomelos se dan durante todo o ano- miles de persoas tentan encher as súas cestas dos mellores exemplares deste manxar.

"Cogomelos e fungos nacen no monte, canto mellor coidado estea o monte, mellor será o produto. Nón só pola calidade intrínseca, senón tamén polo sabor e aroma", asegurou Saúl de La Peña Lastra, monfortino, profesor de produción vexetal na Universidade de Estremadura.

A cantidade de fungos dunha especie marca o interese por ela. Hai cogomelos moi saborosos, pero que non se venden porque non son abundantes, e simplemente se ignoran.

A denominación correcta en galego do que en castelán coñecemos por "seta", é "cogomelo", e "fungo" para "hongo". O fungo é como a árbore é o cogomelo sería o froito.

Recoméndase levar os cogomelos en cestas de vimbio, para que ademais de conservalos correctamente, vaiamos esparcindo esporas (sementes) polo percorrido que fagamos.
 
Hai cogomelos que son de arrincar e outros de cortar. Seguir esta pauta non só é bo para o propio consumo, senón para facer unha recollida sostible.