CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Rosa Cedrón, intérprete e chelista: "'Nómade' é un traballo que está cheo de ledicia e emocións"

09/10/2021 - 11:04 h

Rosa Cedrón expresou a satisfación que lle produce este traballo, Nómade, o terceiro da súa carreira en solitario. Un traballo que define como introspectivo, transparente e terapeútico.

"Pasei por momentos de luces e sombras. Houbo un tempo complicado na miña vida -dixo, en referencia a fibromialxia que padece- Espertei un día e non podía moverme, pero cando estou no escenario é moi liberador, e sinto alivio. Sempre fun de aceptar as cousas que me ían sucedendo".

"Dentro dos momentos escuros sempre hai un lugar para a creatividade, cando medramos como seres creativos que non se deixan agarrar polas sombras. O medo é o peor inimigo do ser humano. Hai que ser moi valente e abrazalo para enfrontarse a el".

Rosa Cedrón, que tamén foi voz de Luar na Lubre, participou anos atrás nos concertos de Mike Oldfield, de quen afirmou: "É unha persoa moi tímida, un xenio de quen hai tempo non sei nada, pero cónstame que escoitou os meus últimos traballos".