CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Hai persoas xitanas que teñen que poñer erratas no apelido para ter acceso a unha vivenda ou ao mundo laboral"

08/04/2023 - 10:04 h

O 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano, un día para a celebración, pero tamén para a reivindicación dun pobo que se ve obrigado a vivir con prexuízos e discriminación. Alejandra Barrul e Cristofer Jiménez dannos a súa perspectiva ao respecto. 

Alejandra Barrul, técnica de Igualdade da Fundación Secretariado Gitano: "Estudei Dereito, pero que se sinale iso prodúceme unha dualidade. É unha forma de visibilizalo, pero tamén é triste que haxa que destacalo"

Cristofer Jiménez: "Métennos a todos no mesmo saco, e cando tes certos apelidos, é moito máis difícil"