Galicia por Diante Fin de Semana
O conselleiro de Sanidade descarta ampliar os horarios da hostalaría á espera de ver se a recente apertura xera algún aumento de casos
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou nunha entrevista no 'Galicia por diante' que a ampliación do horario de peche da hostalaría dependerá de se a recente apertura xera un aumento nos contaxios ou on.
Así mesmo, o conselleiro afirmou que a tendencia de todos os indicadores segue a ser decrecente, destacando o dato da positividade: un 2,15% no último día.
No tocante ás UCI, di que os datos seguen a ser preocupantes (82 pacientes con covid seguen en unidades de cuidados críticos) o que lles fai ser moi prudentes en canto á relaxación das medidas.