CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Javier Valero, cirurxián plástico: "Somos os médicos de cabeceira, pero da cirurxía estética"

06/06/2021 - 11:04 h

 As demandas de cirurxía plástica e estética  manteñen a  mesma intensidade desde hai anos.  Así o  contou Javier Valero, profesional de longa traxectoria no Chuac de A Coruña, onde é o responsable do servizo de Cirurxía Plástica.

A maior frecuencia de intervencións, no campo da estética, que tamén exerce  fóra da sanidade pública, está relacionada  coa exhibición dos corpos á  luz e ao sol, como sucede no noso país. O confinamento favoreceu que se levaran a  cabo un maior número de intervencións, debido en parte a que algunhas persoas aforraron no confinamento, e destinaron parte dos seus aforros a  sufragar algunha intervención.

Explicou o ciruxián plástico que  Galicia marca un aspecto diferencial respecto a outras partes do Estado polo que el  considera teñen os galegos, un  carácter máis prudente  e discreto a hora de recoñecer algun tipo de contacto coa cirurxía.

Asegurou que hai pacientes, que non están debidamente  preparados  para  unha intervención, porque agochan un complexo sicolóxico que non se soluciona coa cirurxía.

É fundamental dispor dun tempo de calidade  para informar  debidamente o paciente, e tomar unha decisión que o vai condicionar de por vida.

O aumento de mamas nas mulleres, e a liposución de alta  definión nos homes, para marcar  os músculos corporais, son as intervencións máis demandadas.