CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O conselleiro de Sanidade prevé que o 70% da poboación galega estea vacinada cunha dose no mes de xullo

06/06/2021 - 08:05 h

Esta mañá no 'Galicia por diante', Luis Ojea entrevista o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O conselleiro facía unha valoración moi positiva da evolución da pandemia en Galicia. Anunciou que mañá terá o ditame dos servizos xurídicos da Xunta sobre a obrigatoriedade ou non da orde ministerial coas medidas para a hostalaría e o lecer nocturno aprobadas este mércores polo Consello Interterterriotiral de Saúde.

García Comesaña critica que o Consello Interterritorial de Saúde aprobe medidas por votación e non por consenso. En todo caso, recoñece que estas medidas obrigan a Xunta a reformular a apertura do ocio nocturno, que tiña programada para xullo. 

O conselleiro de Sanidade entende que non estarán en risco as cacharelas de San Xoán. Considera que a festa poderá celebrarse coa pertinente autorización municipal e mantendo as medidas de seguridade sanitaria en vigor.