CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Día Mundial dos Superviventes de Cancro: "A pregunta máis común é: 'E agora que?' "

04/06/2023 - 10:26 h

Cada primeiro domingo de xuño conmemórase o Día Mundial dos Superviventes de Cancro, unha data para lembrar que é posible curar tras un proceso oncolóxico, pero tamén unha ocasión para pór de manifesto as necesidades do colectivo. Falamos, por exemplo, do dereito ao esquecemento oncolóxico, pero tamén doutras necesidades sociais, laborais, psicolóxicas e clínicas. Conversamos disto con Lourdes Silvoso, a coordinadora de Atención a Pacientes na AECC-A Coruña, e Begoña Barragán, presidenta do Grupo Español de Pacientes con Cancro.