Galicia por Diante Fin de Semana
Soundtroop, o son do cine en Santiago de Compostela
Soundtroop é unha empresa creada por Miguel Barbosa e Diego Suárez Staub que desenvolve traballos de foley e deseño de son no cine. Películas como Matria ou O corpo aberto, en Galicia, pero tamén Julieta de Pedro Almodóvar ou La chimera, de Alice Rorwacher e series coma Rapa ou la Unidad contan co seu traballo minucioso.