CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Carlos Montilla, organizador do 17º Ribeira Sacra Festival: "Somos optimistas e cremos que este ano poderemos celebralo"

02/05/2021 - 10:28 h

Carlos Montilla, director da empresa I-Radia Cre e organizador do 17 Ribeira Sacra Festival salienta que: "O principal é que o público se sinta seguro. Creo que os protocolos consensuados con Sanidade son como cortalumes que van minimizando os riscos. Pero facer unha proba de antíxenos a todo o mundo ten un custo elevado e aí estamos dialogando con Sanidade para ver de que forma se pode artellar".

"Non é o noso caso, pero en xeral hai unha perda importante de ingresos procedente dos patrocinadores", asegura.

Ademais di que "iremos moi despacio, vendo como vai evolucionando a situación nas vindeiras semanas. Seguramente neste mes de maio anunciaremos o cartel completo do Festival que volverá incluír os concertos no catamarán do Sil."