CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Gonzalo Caballero: "Os postos de traballo nas Pontes van estar garantidos"

01/12/2019 - 08:19 h

O secretario xeral do PSdeG asegura nunha entrevista na Radio Galega que están garantidos os postos de traballo na planta térmica de Endesa nas Pontes e que se buscarán solucións para as auxiliares e os transportistas: “hai que traballar para buscar novas vías de indsutrialización”

Gonzalo Caballero insiste en buscar fórmulas para manter un goberno de esquerdas en Mugardos fronte á moción de censura presentada contra a alcaldesa e ante as dimisións na executiva do PSdeG en Ourense di que “estamos nunha liña de cambio para gañar o futuro e estamos acertando plenamente para redimensionar os equipos”.