CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Rodrigo Vázquez: “O cariño da xente fíxome sentir como o fillo que marcha á universidade”

01/10/2022 - 11:05 h

Despois de triunfar tanto na Radio Galega como na Televisión de Galicia, Rodrigo Vázquez repite éxitos a nivel nacional. No momento de facer as maletas en dirección a Madrid Rodrigo puido comprobar todo o cariño que lle garda a xente, tanto o público como os seus antigos compañeiros. Tanto é así que se sentiu como ese rapaz que marcha da casa para emprender unha nova etapa na universidade.