CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Javier Gutiérrez: "Son un actor educado no teatro"

01/05/2021 - 11:04 h

O actor ferrolán pasou polo 'Galicia por diante fin de semana' para falar da obra 'Principiantes', que representa na Coruña. Unha  función baseada no texto do escritor estadounidense Raymond Carver, sobre o amor, a través de dúas parellas: unha veterana, e outra máis nova que comeza unha relación.

O actor, que encadea un traballo tras outro en televisión, cine,  teatro... considérase un privilexiado neste tempos difíciles para o sector. Javier  Gutiérrez fixo referencia a que vai ser a estrea do seu novo proxecto en Movistar 'Los reyes de las ondas', unha ficción  sobre o periodismo deportivo na radio de finais dos anos 80, principios dos 90, que recorda as grandes estrelas mediáticas perfectamente recoñecibles para o público.

Tamén fixo referencia ao proxecto frustrado sobre a vida de Amancio Ortega que cancelou Amazon, e ao que daría vida: ”Era un  papel moi apetecible como actor. O público quedou sen unha moi boa historia".