CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Sargadelos remonta as vendas en plena pandemia grazas á súa plataforma en Internet

01/05/2021 - 11:33 h

A venda de tipo presencial quedou freada en seco co estado de alarma e foi a venda na Rede a que mantivo o tipo. O mercado exterior de Sargadelos aumenta canto máis se dan a coñecer a través das redes sociais.

Sargadelos denunciou, publicamente, no mes de febreiro, que a firma de moda italiana, Dolce&Gabbana, presentara uns deseños de roupa para home cun parecido evidente ao deseño monférico da cerámica galega. Dolce&Gabbana negou tal feito e afirmou que estaban inspirados no deseñador italiano, Gio Ponti.

Sargadelos prefire non chegar a xuízo, e acadar un acordo "baixo manta" entrambas compañías, aínda que a súa directora de produción, María José Martínez, xa se dá por satisfeita pola publicidade que supuxo todo este proceso para Sargadelos.