Destacados
Programa 'Galicia por diante' dende Vigo: especial Xela Arias
Programa completo 'Galicia por diante' desde o auditorio Mar de Vigo: especial Letras Galegas 2021 en homenaxe á escritora Xela Arias.
O espazo, conducido por Kiko Novoa e con Isabel Pichel, inclúe a transmisión dos actos da Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, dende o auditorio Mar de Vigo e o IES Castelao, respectivamente.
Tamén entrevistamos o fillo de Xela Arias, Darío Gil, e contamos coa participación da biógrafa da autora e colaboradora do 'Diario cultural', Montse Pena Presas.