Galicia en Goles
Chano Planas: "Penso que foi unha decisión máis política que deportiva"
O boxeador galego, de orixe cubana, Enmanuel Reyes caeu eliminado nos cuartos de final ante o cubano Julio la Cruz, nun combate moi igualado. Enmanuel queda así ás portas de optar á medalla.
A decisión dos xuíces, que deron como vencedor ao representante cubano, deu lugar á polémica. O boxeador galego considera que foi unha inxustiza.
Falamos con Chano Planas, o seu adestrador aquí en Galicia, que sinala que puido ser unha decisión máis política que deportiva.