CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Rubén Albés: "Se perdemos, que sexa así, facendo o que fixemos"

29/08/2021 - 22:18 h

O Lugo sufriu a primeira derrota da temporada tras caer por cero goles a dous ante o Valladolid. A pesar de quedar o conxunto pucelano  con dez xogadores e ter un penalti a favor, o equipo lucense non foi quen de sacar algo positivo desta terceira xornada.

Na sala de prensa, o técnico Rubén Albés foi claro: "Fixemos merecementos para gañar e sacar algo máis. Faltou acerto en determinadas circunstancias. Se perdemos, que sexa así, facendo o que fixemos e contra o equipo contra o que xogamos, que non imos descubrir o seu nivel".

Pouco antes do peche do mercado, Albés foi moi claro: "Estamos pelados. Descartamos a chegada dun extremo e queremos dobrar o lateral, pero sempre que se dean unha serie de circunstancias que eu coñezo e non vou dicir, porque estamos pelados".