CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Zurbriggen e Musa valoran o triunfo do Breogán ante o Obradoiro na Copa Galicia

28/08/2021 - 22:36 h

O Breogán sumou o seu décimo terceiro triunfo na Copa Galicia tras derrotar o Obradoiro no encontro disputado na Malata por 76 a 82.

Alí estivo a Radio Galega para contar o primeiro partido de pretemporada dos santiagueses e o segundo dos lucenses, os dous conxuntos galegos da ACB. Ambos desputaron un emocionante encontro que xa é un clásico do noso baloncesto.

Polo micrófono de Raúl Villares pasaron o base arxentino Fernadno Zurbriggen (Obradoiro) e a gran sensación breoganista, o máximo anotador do partido Dzanan Musa.