CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Gazzaniga: "A acción do penalti pasa en todos os partidos e nunca se pita"

28/08/2021 - 19:44 h

Repetiuse a historia na Malata. O Rácing de Ferrol caeu na recta final do partido ante o Unionistas de Salamanca no arrinque da 1ª RFEF. O tanto chegou logo dun penalti moi polémico que o cancerbeiro Gazzaniga foi quen de deter, pero no rexeite Cris Montes non perdoou.

Precisamente, un dos máis destacados foi o propio Gazzaniga, que pasou pola Zona Mixta: "No primeiro tempo fixemos un partido espectacular. Eles fixeron o seu partido. O ano pasado pasou igual, tiveron unha ocasión e logo non ofreceron nada máis. Tivemos a sensación de dominar e na 2 parte o equipo tiña gañas e ansia e igual pasou factura. Contento co sacrificio do equipo".

Sobre a acción do penalti o porteiro dixo que "pitouna o asistente. Pasa en todos os partidos e nunca se pita. Estou amolado por ter parado un penalti e que non sirva para que o equipo non perda".