CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Coudet: "Se non melloramos puntería, terémolo difícil. Para gañar hai que facer goles"

28/08/2021 - 19:25 h

O Celta segue sen coñecer a vitoria esta temporada. O conxunto olívico caeu por cero tantos a un en Balaídos ante o Athletic de Bilbao, gol obra de Iñaki Williams. O técnico arxentino Eduardo Coudet explicou a derrota.

"Tivemos trece ou catorce tiros a porta pero ningún entre os 3 paus. Eles tiraron pouco pero hai que mellorar puntería. Deberiamos ter gañado, pero se non melloramos puntería, terémolo difícil. Fixemos moitas cousas boas. Teremos que mellorar e repetir o ritmo, a circulación, as chegadas. Pero para gañar hai que facer goles".

Coudet laiouse de que "no segundo tempo non se xogou nada. O rival non quixo, cortou o ritmo. Os números neste inicio de liga son malos, están a faltar cousas, pero son optimista. Haberá unha mellora importante".

Agora tocarán dúas semanas sen competir pola parada. Dentro duns días rematará o mercado e Coudet falou sobre a posible incorporación de Murillo.

"Xa falei sobre iso. Temos unha necesidade nese posto e era unha primeira opción dende que marchou, pero dependemos da parte económica e se se acomodan as cousas".