CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Joselu: "Soubemos sufrir para levar tres puntos moi necesarios"

26/09/2021 - 15:32 h

O Rácing de Ferrol acadou a segunda vitoria da temporada tras derrotar o Zamora por cero a un no Ruta de la Plata. O autor do tanto do triunfo departamental foi o dianteiro Joselu: "Soubemos sufrir para levar tres puntos moi necesarios. Sabiamos que era un equipo forte. Xogamos unha moi boa primeira parte e na segunda xa coñeciamos que ían saír fortes"

O de Palmeira dixo que "metimos un gol nunha transición rápida e puidemos levar os tres puntos. Foi a semana que mellor traballamos dende que arrincamos. Hai que crecer dende esta vitoria, que dá confianza"