CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O Deportivo - Barcelona xuvenil e o final da Preferente Norte, mañá no 'Galicia en goles'

26/06/2021 - 18:03 h

No verán, continúa o 'Galicia en goles'. Este domingo  teremos, de novo, cita dobre. A partir das doce do mediodia estaremos no Marbella Football Center para contar a gran final da Copa de Campións xuvenil que enfrontará o Deportivo, adestrador por Óscar Gilsanz  co  todopoderoso Barcelona. Na previa deste encontro escoitamos as valoracións dos dous técnicos e os capitáns dos dous equipos.

Pola tarde, a partir das seis, contaremos a última xornada da Preferente Norte, en que está en xogo unha praza  de ascenso a Terceira División. Dous serán os campos con presenza dos locutores do 'Galicia en goles': no Carral, Sofán- Boiro e no Mato Matito, Noia - Sarriana.