CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Óscar Gilsanz: "Sabemos que teremos que sufrir ante o Barcelona, pero estamos preparados"

25/06/2021 - 23:27 h

O Deportivo da Coruña buscará o vindeiro domingo facer historia no fútbol xuvenil. O conxunto dirixido por Óscar Gilsanz enfrontarase ao Barcelona na final da Copa de Campións que se disputará en Marbella. Podería ser o segundo título coruñés nesta categoría e o técnico sabe da importancia pero da dificultade da meta:  "Sabemos que teremos que sufrir ante o Barcelona, pero estamos preparados. Xa o fixemos contra o Real Madrid nas semifinais. É unha ilusión que temos todos, darlle esta ledicia ao deportivismo"

A gran final, que se disputará no Marbella Football Center, será retransmitida polo 'Galicia en goles' nun especial dende as doce do mediodía.