CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Sergio Álvarez: "Esta vitoria reforza a moral do equipo e libera a moitos xogadores"

24/11/2019 - 21:10 h

O Celta voltou gañar en liga a domicilio. Fíxoo no mesmo campo que a última vez, o Madrigal, derrotando ao Vilarreal por un gol a tres.

Ante a lesión de Rubén, recuperou a titularidade Sergio Álvarez: "O importante non é o meu, é o equipo. Este triunfo vai liberar moitos xogadores. Este é o camiño para seguir crecendo. Agora temos que pensar no Valladolid, porque a semana é curta".