Galicia en Goles
Álvaro Muñoz: "O partido decidiuse polo acerto"
O Obradoiro conseguiu a primeira vitoria da tempada e fíxoo ante a súa afección. Grazas ó acerto o equipo de Moncho Fernández impúxose ao Joventut Badalona nun encontro moi igualado (93-91).
Ao remate do partido, Álvaro Muñóz pasaba polos micrófonos do 'Galicia en Goles' para analizar as sensacións. Sinalou que foi un encontro moi completo en ataque.