CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Monteagudo: "Os tres xogadores que descartei non foron por problemas físicos. Foi unha decisión técnica"

24/02/2019 - 20:15 h

Monteagudo: "Encaixar dous goles fai moi difícil gañar. É un tema de concentración e de insistir. A actitude foi tremenda. Se chegamos a marcar despois do empate, trocaría todo, pero chegou o gol deles e aínda así repuxémonos. Facíanos falta un puntiño máis. Sen estar contento, contar a xeira é importante. As últimas dúas xornadas perdemos a identidade fóra da casa e agora imos xogar a domicilio de novo. Falei cos xogadores e vexo ao equipo concentrado e con ganas. Os tres xogadores que descartei non foron por problemas físicos. Foi unha decisión técnica. Igual tes máis dianteiros e chegas menos, non hai máis, a convocatoria ía por aí. O equipo creu ata o último momento. Unha das melloras evidentes é non encaixar. Agora vén un calendario complicado, pero nunca se sabe. Os grandes poden perder con calquera. Importamos nós mésmos, non só os rivais. Non tiven nunca ultimátum, teño unha boa relación con Tino Saqués. Os detalles pódenche facer caer ou subir na táboa. Eu teño como obxectivo recuperar o equipo no seu dinamismo que eramos e volver gañar fóra".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí