CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Míchel Alonso: "Digo adeus a un gran club. Toca marchar dun lugar onde estiven moi ben"

23/05/2021 - 15:37 h

O Coruxo despediu a temporada con vitoria por tres goles a dous ante o Covadonga. Foi tamén  o último encontro como adestrador verde de Míchel Alonso, que, emocionado, conversou co 'Galicia en goles': "Digo adeus a un gran club. Toca marchar dun lugar onde estiven moi ben. Non sabía nada desta despedida dos xogadores. Dá pena por eles, pola xente do club, que son un exemplo"

Sobre os motivos do seu adeus, tendo aínda contrato en vigor, o técnico de Ferrolterra explicou que "este ano foi dificil. Tivemos un inicio complicado, e aquí me mantiveron. Eu non pensei no futuro. Tiña gañas de rematar e descansar, e nunca me pasou. A sensación foi diferente a calquera temporada. Non hai decisión porque non me chamou ninguén e non falei non ninguén"