CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Víctor Vázquez 'Churre': "Foi horrible vivir esta situación. Salvamos un ano que puido ser peor"

23/05/2021 - 13:55 h

O Pontevedra asegurou a súa presenza a temporada que vén na 2ª RFEF tras golear en Pasarón o Real Oviedo B por tres goles a cero. Nada máis rematar o encontro, sobre o terreo de xogo, Víctor Vázquez Churre atendeu o 'Galicia en goles': "Foi horrible vivir esta situación, sufrindo ata o final. Salvamos un ano que puido ser peor. Foi un partido no que te xogas un descenso, pesa nas pernas. Coa xente en Pasarón leváronos polo aire e é mérito deles.

Churre asegurou "o equipo non desconectou, e repito o meu agradecemento á afección. Todo foi grazas a eles"