Galicia en Goles
O Lugo - Cartaxena, este luns, no 'Galicia en goles'
A xornada futbolística prolongarase ata o luns, xa que a Liga fixou horario unificado para a penúltima cita do calendario na Segunda División.
Desde as oito e media da tarde, a Radio Galega despregará un amplo dispositivo no Lugo-Cartaxena, ademais de informar dos partidos que afectan o equipo galego no obxectivo de acadar a permanencia.