CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Abel Estévez: "O obxectivo este ano é estar entre os 8 mellores equipos"

22/08/2021 - 18:08 h

O presidente do Balonman Porriño pasou polo Galicia en goles aproveitando o Trofeo Concello de Mos que desputou o conxunto porriñés ante o Carballal. Abel Estévez afirmou: "O club está estable. Temos un equipo máis equilibrado ca o ano pasado, melloramos. Agardo que logo se vexa reflectido nas canchas. O obxectivo este año é estar entre os 8 mellores equipos".

Estévez congratulouse que a competición regrese ao seu formato habitual: "É moi importante  regresar á normalidade, importante ter liga regular a dobre volta, sobre todo por recuperar o derbi, que foi o máis negativo do ano anterior".