CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Míchel Salgado: "O Celta pode, tranquilamente, loitar por estar en Europa"

22/08/2021 - 17:24 h

Mondariz foi o lugar escollido por Míchel Salgado para desputar o Torneo da súa Academia, coa presenza do Celta Integra, os veteráns do Celta e os do Mondariz. O exxogador celeste e do Real Madrid falou sobre varios temas: "O Celta ten máis que só Aspas, pero Iago é especial para todo o mundo. É increíble velo xogar. Estivo a un nivel estratosférico nos últimos 5-6 anos, a un nivel de xogador de equipo grande. É o que mantivo o Celta".

Falando sobre o nivel da Liga Española tras a marcha de Messi, do seu Real Madrid e, por suposto, do Celta, Salgado é claro: "Dependendo do rendemento dos xogadores, subir o rendemento dalgúns xogadores... se o rendemento é alto individual, o míster pode facer un equipo que estea tranquilamente loitando por Europa".