Galicia en Goles
Vero Boquete, ex-xogadora do PSG e Bayern de Múnic: "Na final da Champions do domingo terei o corazón dividido"
A futbolista galega Vero Boquete repasa no Galicia en goles con Roberto Carlos Carballo a previa da final da Champions Paris Saint Germain e Bayern de Múnic, equipos onde militou a deportista compostelá.
"Na final da Champions do domingo terei o corazón dividido", dicía nas ondas da Radio Galega.