CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Mateo Díaz: "Era importante gañar pola ansiedade do primeiro partido"

22/05/2021 - 20:49 h

O Breogán púxose por diante no primeiro 'playoff' de ascenso á Liga ACB desputado este sábado no Pazo Provincial do Deportes de Lugo. O conxunto celeste derrotou o Palma por 85 a 72 no primeiro dos encontros da serie ao mellor de tres partidos. O base Mateo Díaz atendeu a Radio Galega: "Estou moi feliz por acadar a primeira vitoria. Era importante frear as súas contras, que son moi perigosas, e logo nós, como dixo o míster, ter tranquilidade en ataque. Fixemos un bo partido. Era importante gañar pola ansiedade do primeiro encontro"

Díaz é optimista con vistas aos seguintes envites: "Puidemos pechar o encontro ao final. Os conxuntos do sur teñen máis intensidade, máis velocidade, con contras. Os da primeira fase eran rivais máis semellantes a nós. Hai que adecuarse. É un privilexio que poidan entrar mil cincocentas persoas no Pazo"