Galicia en Goles
A última xornada da 2ªB e da Liga ACB, este domingo no 'Galicia en goles'
O domingo, a edición matinal comeza ás doce menos cuarto co final de Liga na Segunda División B.
O Pontevedra necesita un empate ante o Oviedo B en Pasarón para evitar o descenso á Terceira RFEF, mentres o Coruxo pecha o curso no Vao ante o Covadonga tras asegurar o domingo pasado unha praza na nova Segunda RFEF.
Durante a mañá tamén será protagonista o Sporting Huelva-Deportivo da Coruña, outra final para o equipo herculino que segue con opcións de permanecer na Primeira feminina.
A sesión de tarde, desde as 3, retransmitirá o peche da segunda fase na Terceira entre os equipos que optan ao ascenso, con dous partidos chave: Arousa-Somozas e Alondras-Polvorín. Ademais, continúa a liga pola permanencia, con atención especial ao Fisterra-Barco e Viveiro-UD Ourense.
No último treito, o 'Galicia en goles' contará o Burgos-Obradoiro, encontro co que remata a temporada na ACB de baloncesto.