CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Javier Picallo, representante de Sergio Álvarez, e Javier Maté analizan a lesión do Gato de Catoira

22/05/2020 - 21:12 h

Malas novas no Celta. Confirmáronse os peores prognósticos. O porteiro Sergio Álvarez ten os dous meniscos rotos e unha lesión parcial no ligamento cruzado.  Será operado nos vindeiros días e o seu periodo de recuperación oscilará entre dous e catro meses. Un pau para o porteiro, que se perde o final de temporada.

 

Para falar do seu estado de ánimo e do seu futuro, O Galicia en Goles conversou con Javier Picallo, representante do catoirense,  e  tamén co expoteiro olívico Javier Maté.