CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Iván Nogueira: "Para o illamento, unha grande opción son os percorridos ciclistas virtuais"

22/03/2020 - 17:39 h

O noso compañeiro técnico de son e ciclista afeccionado Iván Nogueira falou no Galicia en goles das opcións que hai para seguir gozando da bici durante o estado de alarma.

"No mercado hai varias opcións de rodillo. Dende o noso clube levamos cada ano a cabo unha ruta, a Ronde Van Compostela, que por esta pandemia non poderemos gozar. Buscando opcións puxemos en marcha unha serie de percorridos virtuais para quen se queira unir e rodar en grupo".

Nogueira salientaba a importancia de seguir activo: "Hai que evitar o sedentarismo. Son un amante da tecnoloxía aplicada ao ciclismo e hai moitas aplicacións que permiten seguir saíndo en grupo a desfrutar da bicicleta, sen ter que ser no exterior".

Nesta conversa Ivan Nogueira tamén informou das maneiras que ten calquera interesado en unirse a estas quedadas virtuais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí