CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Carnero: "A diferenza estivo nos trocos. O Celta ten o xusto"

21/11/2020 - 20:37 h

O Celta caeu no Sánchez Pizjuan por catro goles a dous ante o Sevilla no debut do Chacho Coudet como técnico do conxunto celeste. 

Tras o encontro, o exadestrador e analista do Galicia en goles Moncho Carnero analizou a derrota: "Hai aspectos positivos e negativos. Por unha banda o equipo competiu, foi quen de xogar ben e sobreporse aos seus dez primeiros minutos. O malo é que o equipo estivo canso e que agora mesmo está en descenso".

Onde foi moi crítico Carnero foi na planificación do equipo: "A chave do partido estivo nos trocos, na profundidade de banco. Eles cambiaron e meteron calidade. No Celta hai o que hai e non teñen moitas máis onde elixir".